O Celta B volve a Barreiro nunha intensa xornada de sábado na 1ª RFEF
O partido diante do Linense poderá verse pola G2 e G24 (17.00 horas)
Tamén adiantan os partidos o Rácing, que recibe o San Fernando, e o Deportivo, que viaxa ao campo do Unionistas
Ás cinco da tarde arranca o primeiro dos encontros que poderán seguir este sábado na G2. O Celta B volve a Barreiro, onde aínda non gañou, para recibir o Linense, equipo que pelexa por afastarse dos postos de descenso.
Sumar de tres é a prioridade dos celestes, que queren conservar a quinta praza e manter a raia o Córdoba, rival do Pontevedra en Pasarón. Tamén alí estarán as cámaras da Galega o domingo. Tras perder co Raio, o Pontevedra buscará unha nova vitoria na casa para seguir escalando postos e achegarse á salvación.
Deportivo e Rácing tamén xogan o sábado. Os coruñeses visitan o Unionistas no Reina Sofía coa intención de equilibrar as contas fóra da casa a nove xornadas de que remate a liga. A primeira praza está a tres puntos.
Cun partido menos no seu haber tras o aprazamento da xornada anterior, o Rácing recibe o San Fernando na Malata. Os de Cristóbal non perden na casa dende decembro. O San Fernando presenta unha dificultade engadida.