Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B saca un empate do campo da Balompédica Linense

O Celta B saca un empate do campo da Balompédica Linense

G24.gal 02/10/2022 14:44

O filial céltico amosou na Linea ser duro como unha rocha.

Tardou cinco minutos en adiantarse no marcador logo dun gran pase de Iker Losada que aproveita Raúl Blanco para facer o cero a un, que supoñía o seu primeiro gol co Celta B.

E logo soubo conter os ataques gaditanos coma este de Jesús rexeitado por Christian Sanchez, o porteiro cubano cedido polo Sporting.

Os vigueses dispuxeron de máis e mellores ocasións que o seu rival, cuxo home máis destacado foi Varo.

O primeiro tempo rematou con polémica cunha acción en que Lautaro pide penalti de Del Monte.

Nada máis regresar da caseta, Raúl Blanco volveu dispoñer doutra boa ocasión, pero o seu disparo tropeza en Víctor.

Foi pouco antes de que a Balompédica lograse a igualada nunha contra levada por Gerard Oliva culminanda por Toni García.

Os celestes reclamaron man do goleador sevillano no control. 

Mentres tanto, o seu asistente, Gerard Oliva, viu dous cartóns amarelos en dous minutos que lle custaron a expulsión e deixaba un final incerto, resolto cunha intervención de Varo no último segundo. O encontro deixaba o un a un final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade