Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B porá en xogo a praza no play off na última xornada

O Celta B porá en xogo a praza no play off na última xornada

Deportivo (2º) e Rácing (3º) xa teñen garantida a presenza e o posto que van ocupar

O equipo vigués depende de si mesmo e cun triunfo diante da SD Logroñés certificaría o pase

G24.gal 22/05/2022 16:38

O Celta B xogará a praza na promoción de ascenso na última xornada. A derrota diante do Rácing fai que o equipo de Onésimo teña que gañar no campo da SD Logroñés para non mirar cara a outros campos. 

O filial celeste é o cuarto clasificado, con 60 puntos. Un máis que o Majadahonda e a UD Logroñés e dous máis que o Unionistas de Salamanca, rival do Deportivo da derradeira tirada do campionato. Se o Celta B empata podería verse superado polos seus rivais e obrigaríaos a estar moi pendentes do que aconteza en Badaxoz (xoga o Majadahonda) ou en León (viaxe da UDL). 

Os que non teñen nada en xogo na última xornada son Deportivo e Rácing. Poderán rotar os xogadores pensando nesa primeira eliminatoria de ascenso porque o Dépor irá á fase como segundo clasificado e o Rácing farao na terceira praza. 

O que non está nada claro é o grupo co que se van cruzar. De feito, pode haber variacións en todas as posicións da segunda á quinta. Pola segunda praza pelexarán o Vilarreal B e o Albacete (vantaxe para os castellonencos por mellor goal average particular) e pola cuarta e quinta posicións (rivais de Deportivo e Rácing) hai cinco equipos con opcións: Sabadell (58), Nástic (58), Linares (57), Baleares (56) e Alxeciras (56).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade