Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol impídelle ao Celta B certificar o play-off

O Rácing de Ferrol impídelle ao Celta B certificar o play-off

Cun gol de Dani Nieto os departamentais levaron os 3 puntos de Balaídos

O Celta B depende de si mesmo pero só ten un punto de vantaxe coa U. D. Logroñés

G24.gal 21/05/2022 22:24

O derbi de Balaídos rematou cun 0-1 a favor do Rácing de Ferrol, malia que foi o Celta B o que gozou das mellores ocasións durante o partido, especialmente na primeira metade.

Con este resultado, o filial celeste xogarase a clasificación para o play-off na última xornada, segue dependendo de si mesmo pero xa ten só un punto de vantaxe. O cadro departamental ía ser terceiro practicamente con calquera resultado logo da vitoria do Dépor.

Na primeira parte o dominio foi da canteira celeste. Ocasións de todas as cores para adiantarse no marcador. Pero non foron quen de bater a Gazzaniga. No inicio da segunda metade e cos cambios de Parralo o Rácing tivo outra cara e nun xogadón de Chacón rematado por Nieto atopou o único gol do partido (0-1)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade