Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goleada do Deportivo coa mirada posta na fase de ascenso

Goleada do Deportivo coa mirada posta na fase de ascenso

Gañoulle 0-4 ao Valladolid Promesas con goles de Miku x2, Quiles e Álvaro Rey

G24.gal 21/05/2022 22:50

O Deportivo fixo os deberes contra o Valladolid Promesas, pechou a loita polo segundo posto e marchou de volta a Coruña cunha goleada para coller confianza de cara ao play-off. Non foi o mellor encontro dos de Borja Jiménez na tempada, pero aproveitou a fiabilidade de cara a porta para levar os 3 puntos.

Na primeira parte un penalti de Miku e un gol de Quiles permitiron o Dépor marchar con vantaxe ao descanso. Semellaba suficiente para os coruñeses apertar na saída de balón para xerar perigo no rival. 

A segunda parte non tivo demasiada historia, o filial do Valladolid tivo un pau e fixo reaccionar un pouco ao Dépor, que co segundo gol de Miku e a sentenza e estrea como goleador de Álvaro Rey dende o punto de penalti pechou o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade