O Celta B loita por unirse ao soño do ascenso do Deportivo e Racing

Último asalto antes do playoff. Co Deportivo e o Rácing xa clasificados, o Celta B agarda confirmar esta tarde a súa presenza na loita polo ascenso. Os de Onésimo visitan á Sociedade Deportiva Logroñés e contan coa vantaxe de depender de sí mesmos. É a conta máis sinxela. Un triunfo vale. Así que os xogadores celestes non queren facer cálculos.
Se non gañan, os vigueses terían que agardar tropezos alleos, da Unión Deportiva Logroñés, o Raio Majadahonda ou o Unionistas. O equipo salmantino xoga en Riazor no encontro que veremos en directo na nosa segunda canle as seis e media. O Deportivo, co segundo posto asegurado, quere terminar a liga co sexto triunfo consecutivo na casa. Borja Jiménez fará rotacións, pero sen renunciar á vitoria.
Mentres, o Rácing, que xogará o playoff como terceiro clasificado, pechará a liga na Malata ante o Dux Internacional nun choque intranscendente para os dous equipos.