Publicador de contidos

Publicador de contidos

O armador do Simione, condenado a 21 meses de prisión por liderar unha rede de explotación de mulleres en Vigo

O armador do Simione, condenado a 21 meses de prisión por liderar unha rede de explotación de mulleres en Vigo

A Fiscalía pedía 47 anos de cadea, pero quedou reducida por dilacións na tramitación da causa e reparación de danos as vítimas

Outra muller aceptou 21 meses de cárcere e resto aceptaron penas de entre 3 e 6 meses

EFE/ Salvador Sas
G24.gal 19/10/2026 14:07

De 47 anos de cadea a menos de dous. Un acordo coa fiscalía reduciu a condena dos seis acusados por una rede de prostitución de luxo. O líder xa está no cárcere acusado de narcotráfico por ser armador do Simione, o barco onde se incautaron case tres toneladas de cocaína. 

Cinco dos acusados de explotar mulleres estranxeiras en situación irregular en Vigo aceptaron penas de menos de dous anos de cárcere despois dun acordo de conformidade coa fiscalía. Eran seis, pero unha muller foi absolta, e o resto confesaron ser culpables dos delitos de explotación sexual en condicións abusivas a persoas vulnerables, de pertenza a grupo criminal e delito continuado contra os dereitos aos estranxeiros.

O líder da trama é un vello coñecido da xustiza. Está no cárcere como armador do Simione. Neste caso está acusado de encabezar unha rede de prostitución de luxo entre principios do 2020 e finais do 2021. Ante a xuíza de Vigo compareceron a que era a súa parella e outra das acusadas, e os demais compareceron por videoconferencia.

O líder alugou dous chalés onde aloxaban mulleres ás que obrigaban a prostituírse en xornadas maratonianas e mesmo sen preservativo, a drogarse e vender substancias aos clientes, e ás que lles retiñan as ganancias.

A Fiscalía pedía 47 anos de cárcere en total para os seis acusados, pena que quedou reducida por mor das dilacións indebidas na tramitación da causa e pola reparación de danos ás afectadas. Así, o armador do Simione e a súa parella foron condenados a 21 meses de cadea e o resto aceptaron penas que van entre tres e seis meses de cárcere, e o pago de indemnizacións a seis vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade