Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas investigadas en Cangas por explotar mulleres a través da prostitución

Dúas persoas investigadas en Cangas por explotar mulleres a través da prostitución

As diferentes pescudas permitiron aos investigadores coñecer que as mozas que traballaban nesa vivenda estaban sometidas a unha rotación constante entre diferentes inmobles

As mulleres gañaban a metade dos ingresos obtidos polos seus servizos, e tiñan expresamente prohibido saír do inmoble sen a supervisión do agora investigado

Arquivo Europa Press
G24.gal 25/05/2026 10:21 Última actualización 26/05/2026 15:11

A Garda Civil de Cangas de Morrazo investiga unha muller de 37 anos, veciña de Cambados, e un home de 37, veciño de Bueu, ambos con antecedentes policiais, por presuntos delitos relativos á prostitución, un delito contra os dereitos dos traballadores e un delito de tráfico de drogas.

Persianas baixadas de día nas que de noite se ve festa constante. Son palabras dos veciños, entendendo por festa, traballos sexuais.

O informe da Garda Civil confirma o inferno. 24 horas dispoñibles, sete días á semana, e sempre vixiadas. Obrigadas a consumir alcol e a drogarse cos clientes para animalos a eles e aumentar os ingresos.

Un dos detalles que máis lles sorprendeu aos investigadores é que lles ensinaron técnicas para finxir que seguían consumindo cando o corpo xa non lles daba para máis. Tampouco faltaba a venda de Viagra. 

Movíanas por pisos de Cangas. 

Sospéitase que hai varios e tamén de Vilagarcía. O movemento non pasaba desapercibido.

Hai dous investigados, unha muller de Cambados e un home de Bueu que leva anos asentado na vila. Os dous con antecedentes por feitos similares. De feito, a sona xa lle viña dun local de hostalaría que xestionou coa nai.

Non hai cifra oficial de vítimas, porque as mulleres non quixeron denunciar. Malia a súa situación de explotación, din que é voluntario. 

As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución Praza de Garda de Cangas de Morrazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade