Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CEIP San Clemente de Caldas gaña o primeiro premio do Concurso do #DígochoEu

O CEIP San Clemente de Caldas gaña o primeiro premio do Concurso do #DígochoEu

O segundo premio foi para o IES Virxe do Mar de Noia e a prata foi para o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López do Oural, Sarria

O IES Basanta Silva de Vilalba levou o premio especial do xurado

G24.gal 14/06/2022 18:47 Última actualización 14/06/2022 21:22

O concurso do #DígochoEu buscaba propostas creativas polos centros escolares para gravar un capítulo do programa poñendo en valor a lingua galega. E despois de máis de 200 propostas e a gravación de 10 episodios especiais, chegou o día de escoller o vencedor.

O primeiro posto levouno o CEIP Plurilingüe San Clemente de Caldas de Reis. Os pequenos artistas do colexio de Caldas sacaron os seus dotes musicais e o vocabulario relacionado co mundo da música.

En segundo lugar, o IES Virxe do Mar de Noia. Na vila son expertos na creación audiovisual e levaron a lingua ata o estudio de imaxe e son. 

E a medalla de bronce foi para o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López do Oural, Sarria. O fenómeno das Tanxugueiras chegou ata o colexio lucense, e recórdannos que, aínda que a letra j non sexa propia do abecedario galego, temos unha lingua acolledora.

Por outra banda, ao principio da gala entregouse o premio especial do xurado, que valoraba as propostas que enviaran xa gravadas os centros nunha ampliación do concurso do #DígochoEu. De entre os tres finalistas levou o galardón o IES Basanta Silva de Vilalba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar