Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CEIP Eusebio da Guarda gaña o premio Zamburrioi en Boiro cunha curta que dá visibilidade ao autismo

O CEIP Eusebio da Guarda gaña o premio Zamburrioi en Boiro cunha curta que dá visibilidade ao autismo

Ao Festival Olloboi de Boiro presentáronse 45 traballos de centros escolares de toda Galicia

G24.gal 21/06/2022 12:05

Os alumnos do CEIP Eusebio da Garda da Coruña presentaron ao Festival Olloboi de Boiro a curta 'Spiderman e eu'. Un traballo audiovisual que une cine, educación e dá visibilidade ao autismo. 

Con esta curta gañaron o Premio Zamburriori. Este premio está considerado un dos máis importantes dos certames audiovisuais escolares de Galicia.

Para realizar esta traballo audiovisual, os alumnos contaron co profesor Manuel Villar e tamén coa axuda doutros docentes. Pero sobre todo contaron co compromiso e a implicación dos rapaces para realización da curta. Unha curta que agora os fai aínda máis felices coa consecución premio. 

Animados, escolares e profesores, non descartan presentarse a outros premios.

Ao Festival de Cine Escolar de Boiro presentáronse a esta edición 45 traballos de centros de toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade