Cargando resultados...
O Caudal Fest, que pecha o verán musical, enche Lugo
O Caudal Fest, que pecha o verán musical, enche Lugo
Unhas 30.000 persoas asisten ao festival que levou á cidade máis de 20 artistas
G24.gal
17/09/2022 21:02
Última actualización 17/09/2022 21:13
Ciclonautas comezou a súa actuación ás seis da tarde. A primeira hora o público estaba relaxado, quentando os motores dun evento ao que acoden moitas familias festivaleiras, cos nenos incluídos.
O espazo préstase para que tamén os nenos poidan presenciar os concertos.
Agora toca Forget la France, un dos dous grupos lugueses dun festival que este ano trouxo máis de 20 artistas.
Entre o público de hoxe víanse moitos seareiros de Robe, pero cada un tiña os seus motivos para vir.
O tempo axudou nesta edición, non choveu. Os organizadores xa están dándolle voltas á cabeza para internar algo moi difícil: sorprender de novo na edición do ano que vén.