O castro de Montesclaros, na Laracha, rebélase como un dos máis grandes de Galicia
Os arqueólogos, tras a sexta campaña de escavacións, céntranse no estudo da zona defensiva
O equipo de arqueólogos dirixidos por Puri Soto está a piques de finalizar a sexta campaña de escavacións no castro de Montesclaros, na parroquia de Santiago de Vilaño. A singularidade deste proxecto é que en vez de traballar na zona doméstica e sacar á luz as recoñecibles casas redondas, centráronse no sistema defensivo.
Parte das murallas e a vía romana da entrada do nacente xa se poden ver e deixan intuír os torreóns de acceso. Estas escavacións e as prospeccións xeomagnéticas que fixo o CSIC rebelan que o castro era máis grande do que se pensaba e que estivo ocupado durante case 1000 anos como explica Purificación Soto Arqueóloga e directora das intervencións arqueolóxicas de Montesclaros.
O concello da Laracha mercou 4 hectáreas e media e converteu este espazo nun parque arqueolóxico de visita libre para poñelo en valor.
Mentres duren as escavacións ademais organizan visitas guiadas. Quedan dúas: o sábado 16 e o 30 de Maio. Para participar hai que inscribirse nas redes sociais do Concello.