Cargando resultados...
O Castro Art Village: unha aldea do Saviñao recuperada e dedicada á creación artística
Pasaron cinco anos desde que un cineasta iraniano-canadense e unha galega de Mos, Tatiana, se instalaron na Ribeira Sacra, no Saviñao, para facer realidade un soño
G24.gal
09/02/2025 14:37
Hai cinco anos un cineasta iraniano-canadense, Davoud Gerami, e unha galega de Mos, Tatiana Alonso, instaláronse na Ribeira Sacra, no Saviñao, para facer realidade o seu soño: recuperar unha aldea para ofrecer un espazo no que artistas de calquera procedencia puidesen crear e compartir a súa obra no medio da natureza. No espazo tamén se organizan obradoiros, retiros, eventos e residencias.