Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas suma a segunda vitoria da semana en Puente Genil (28-34) e sae do descenso

O Cangas suma a segunda vitoria da semana en Puente Genil (28-34) e sae do descenso

O cadro galego completou a súa semana fantástica co segundo triunfo, con remonta na segunda metade

Foto: @AngelXimenezBM
G24.gal 21/12/2025 11:37

O Cangas volveu gañar. Fíxoo en Puente Genil, diante dun equipo que qcumula derrotas e queda a un so punto na clasificación. Os cangueses amosaron a solidez nos minutos finais da que carecían nos anteriores partidos. 

Porque a primeira metade foi dos locais, que levaron a iniciativa con vantaxes de ata catro goles. Co 14-10 no minuto 20 comezou a reacción galega. O Cangas conseguiu igualar o marcador ao descanso (15-15).

Na segunda metade so houbo vantaxes para o Cangas. Liderados por Manuel Pérez, que acabou con 9 goles, os de Quique Domínguez abriron a fenda definitiva co 20-27, insalvable xa para os locais, que estiveron máis de dez minutos sen acadar un gol nese treito.

Co triunfo final, o Frigoríficos do Morrazo deixa a última praza e sitúase, momentáneamente, fóra da zona de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar