Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas, incapaz de superar o muro do Torrelavega

O Cangas, incapaz de superar o muro do Torrelavega

Perdeu por terceira xornada consecutiva diante dun rival directo pola permanencia (28-33)

G24.gal 25/09/2022 21:08

O Cangas Frigoríficos do Morrazo sabía que o do Torrelavega era un partido moi importante, pero non saíu da dinámica de derrotas en que está metido. Diante dun rival directo pola permanencia perdeu no seu fortín do Gatañal (28-33). 

A entrada no partido foi mala (2-6) e tocoulle ir a remolque ao longo de todo o encontro. Cada vez que parecía coller folgos (9-11) o equipo cántabro volvía apañar unha marxe de seguridade. Ao descanso, o resultado era de 13-17 logo dun gran gol de Mario Dorado. 

A segunda parte volveu moverse nesas diferenzas de cinco ou seis goles ata os últimos dez minutos. Levado polos seus seareiros, o Cangas recuperouse e meteu un parcial de 7-1 para colocarse 28-30 a menos de cinco minutos para o final. O Torrelavega xestionou mellor os momentos críticos e acabou conseguindo o triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade