Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas empata en Huesca logo dun partido en que foi por diante ata o último ataque

O Cangas empata en Huesca logo dun partido en que foi por diante ata o último ataque

Os de Nacho Moyano non foron quen de marcar nos últimos cinco minutos e desperdiciaron unha vantaxe de tres goles

Foto: Andrey Sapizhak
G24.gal 10/12/2022 12:34

O Frigoríficos do Morrazo perdeu unha grande oportunidade de facerse coa vitoria na pista dun rival directo como o Huesca.

O equipo galego foi sempre por díante no marcador, cun Fodorean acertado no aspecto goleador. Chegou ao descanso cun 14 a 17 favorable e foi quen de manter as distancias ata uns últimos intres de encontro que foron fatídicos para os cangueses.

Un parcial de tres a cero a prol dos locais nos últimos cinco minutos situou o marcador definitivo de empate a 27, culminado polo gol de Miguel Malo Pueyo a so cinco minutos do remate do partido. O Cangas queda con dez puntos na táboa, a un do seu rival.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade