Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas atrapállase e facilita a vitoria do Granollers (27-33)

O Cangas atrapállase e facilita a vitoria do Granollers (27-33)

No minuto 20, o Cangas gañaba por tres goles

Un feixe de perdas permitiron a remontada visitante 

G24.gal 06/12/2025 20:07 Última actualización 06/12/2025 20:56

O Cangas buscaba unha vitoria que lle permitira dar continuidade ao punto da semana pasada en Cuenca, un triunfo para fuxir do posto de pechacancelas. Ata o minuto 20 o plan funcionou (12-9). Mais, a partires de aí, atascouse e encheu o seu xogo de perdas. Oito en 11 minutos. O Granollers tomou o mando, cun 13-17 ao descanso, e xa non o soltou ata o final. 

Liderados por Adriá Figueras e por Pablo Urdangarín, o fillo de Iñaqui, con sete goles cada un, o Granollers mantivo a vantaxe no segundo tempo. Vantaxes estreitas de dous ou tres goles, que lle permitiron a esperanza do Cangas. Pero os galegos fallaron nos momentos decisivos e o os visitantes acabaron por pechalo choque con comodidade, 27 a 33.

O máximo anotador do Cangas foi Manuel Pérez, con cinco tantos. No Granollers os suliñados sete de Figueras e Urdangarín. Urdangarín estaba hoxe amais de aniversario, 25 anos. 

    

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos