Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Dapena, campión e subcampión do mundo, pecha a súa vida de triatleta

Pablo Dapena, campión e subcampión do mundo, pecha a súa vida de triatleta

Foi campión do mundo de longa distancia en 2018 e subcampión en 2019

Prioriza a súa vida familiar á deportiva

G24.gal 25/10/2023 12:53 Última actualización 25/10/2023 13:04

O triatleta galego Pablo Dapena, campión do mundo de longa distancia en 2018 e subcampión ao ano seguinte, retírase do deporte profesional.

Tras competir no Challenge Mallorca e o Eivissa Tríatlon, deixa o deporte para dedicarlle máis tempo á súa familia.

Para Dapena non foi unha decisión difícil

"A decisión non foi difícil. Levei un tempo para mastigalo. Foi máis difícil dicilo polas redes".

Pablo Dapena tamén se acordou de Javi Gómez Noya e do que fose o seu adestrador Carlos David

"Grazas tamén a Javi; grazas, Carlos, por darme a oportunidade de acompañalos ao longo do hemisferio e gozar da idade de ouro do tríatlon español"

Dapena seguirá vencellado o deporte en distintos proxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar