Cargando resultados...
O Camiño de Santiago inspira negocios en aldeas en que apenas quedan veciños
Os peregrinos animan núcleos polos que atravesa a ruta xacobea
É frecuente que en aldeas con poucos veciños existan negocios orientados aos camiñantes
G24.gal
19/09/2022 20:41
Última actualización 19/09/2022 21:00
Hai case vinte anos unha parella de emprendedores habilitaba a súa casa coma negocio de hostalería en Pintín, no Concello lucense de Sarria. Con apenas unha ducia de casas habitadas, a pensión orientouse aos peregrinos.
É unha mostra de que o Camiño de Santiago inspira negocios. Agora á fronte está a seguinte xeración.
Na aldea viven trinta veciños, pero cada día son centos os peregrinos que pasan por diante.
Tamén o Camiño de Santiago animou a Alberto a converter a súa casa na aldea de Furela nunha cantina.
Unha mostra de que o Camiño dinamiza os lugares polos que pasa.