O cambio de hora pode producir desaxustes no sono
Ten maior impacto o cambio de hora de primavera que o de inverno
O cambio ao horario de inverno, como o que houbo esta fin de semana, pode producir pequenos desaxustes no sono, canseira ou certa abstracción. Pero non hai que preocuparse porque son síntomas que adoitan durar só uns días.
Ten maior impacto o de primavera que este de inverno pero aínda así o cambio horario ten consecuencias físicas. Non todas as persoas o padecen coa mesma forza, pero sábese que os nenos e os maiores son os que peor o pasan. Co cambio desta fin de semana hai unha redución significativa das horas de luz e precisamente é a luz a sincronizadora por excelencia do sono e a vixilia.
En calquera caso o organismo adáptase con rapidez regulando de novo os ritmos do sono e vela. E aínda que non hai estudos exhaustivos, si se observou que especialmente no cambio horario da primavera prodúcense un incremento dos infartos, suicidios, lesións laborais e accidentes de tráfico.