Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela Pescados Rubén remonta contra o Ourense Envialia para seguir de líder

O Burela Pescados Rubén remonta contra o Ourense Envialia para seguir de líder

As da Mariña acabaron vencendo por 4 a 2 logo de ir perdendo por dúas veces

Judith deixou o partido en padiola cunha posible lesión no xeonllo

G24.gal 01/10/2022 19:44

O Burela Pescados Rubén levou un disputado derbi en Vista Alegre diante do Ourense Envialia. As das Burgas, que sufriron a posible lesión de Judith na primeira metade, adiantáronse en dúas ocasións. Candela foi a goleadora. Pero as locais, que empataron a uns antes do descanso por medio de Peque, mantiveron o seu plan de partido para acabar impoñéndose.

Nos últimos minutos foi determinante o desgaste físico do Ourense Envialia, que ten menos profundidade de banco cas súas rivais, e ademais non podía contar con Judith. Tras o gol do empate de Jenny, Peque consumaba a remontada a catro minutos da conclusión. Xa con cinco xogadoras de campo no Ourense Envialia, que buscaba o empate, chegaría o catro a dous definitivo, obra de Emilly.

O triunfo é o cuarto do Burela en catro partidos, o que deixa ás da Mariña no alto da táboa. O Ourense Envialia non está a ter sorte neste inicio de temporada, e queda cos tres puntos que acadou no derbi da xornada anterior contra o Marín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade