Publicador de contidos

Publicador de contidos

España vence a Portugal (5-3) e proclámase campioa europea de fútbol sala

España vence a Portugal (5-3) e proclámase campioa europea de fútbol sala

A selección sucede aos lusos no palmarés co seu oitavo título continental

G24.gal 08/02/2026 14:06

Era unha final para o desquite. Enfrontábanse no mesmo escenario no que Portugal arrebatara o cetro europeo a España, en 2018. Pero os lusos, grandes dominadores dos últimos anos, sucumbiron agora ante unha selección española liderada por Antonio Pérez.

O combinado que dirixe Jesús Velasco sau ao Arena Stozice de Liubliana, a escribir un guión perfecto. Así no minuto 3 xa gañaban 0 a 2 cos goles de Antonio e de Raya, ex xogador do Parrulo. O equipo ferrolán estivo representado na final por David Novoa.

Porén, este comezo trepidante soubo igualalo Portugal de seguido. Afonso e Rubén Góis bateron a Dídac para acadar o empate cando aínda corría o minuto 7.

Xusto antes do descanso, Antonio, outra vez o xienense, chamaba ao acougo aproveitando a sexta falta rival.

Malia a superioridade española, Portugal volvería empatar tralo descanso con tanto de Pauleta. O campión vixente víase camiñando ao seu terceiro titulo. Así celebraba o empate o seleccionador Jorge Braz.

Pero España tiña ao mellor xogador da Eurocopa. Antonio Pérez, tras unha xogada de Cecilio, marcou o 3 a 4. Hat trick do xogador do Barcelona. O segundo na historia das finais europeas,. Igualou o fito de Vicentín contra Rusia no 96. Agora si souberon defender a vantaxe, que aumentou Adolfo no último minuto co 3-5 final. 

España recuperou así o trono continental dez anos despois. O capitán Mario Rivillos recolleu o trofeo que ratifica a hexemonía española no fútbol sala europeo. O do oitavo título. Ningunha outra selección ten mais de dous.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade