Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela festexa a sétima Copa da Raíña da súa historia

O Burela festexa a sétima Copa da Raíña da súa historia

Gañoulle na final ao Melilla por 3-1 e iguala co Futsi Navalcarnero como os equipos con máis galardóns da historia do fútbol sala feminino

G24.gal 04/05/2025 17:45

Cando máis complicada parece a situación sempre aparece o Burela feminino para refacerse. Nunha tempada moi complicada no eido económico o equipo da Mariña acadou a Copa da Raíña, a sétima da súa historia co que iguala no palmarés ao Futsi Navalcarnero (2013, 19, 20, 21, 22, 23 e 25). 

Partía como favorito o Melilla, equipo adestrado polo ourensán Morenín, pero o Burela conseguiu aguantar o dominio norte africano e aproveitou as súas oportunidades. Ao pouco de comezar a segunda metade marcou Antía Pérez o primeiro gol. Quedou sen a súa estrela Emilly Marcondes o cadro galego por cartón vermello directo e viu como Alejandra Nava anotaba o gol do empate. 

Pero nun par de minutos, entre o 30 e o 33, Patricia e a portuguesa Carolina Pereira puxeron o 1-3 que xa sería definitivo. O Melilla arriscou con porteira xogadora pero só conseguiu marcar a oito segundos do final (2-3). O Burela gañou unha das copas máis importantes da súa historia pola situación na que se atopa o club. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade