Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela cítase co Futsi na final da liga

O Burela cítase co Futsi na final da liga

O primeiro partido da final será o mércores ás 21:00 horas e verémolo na G2

G24.gal 19/06/2022 13:42

O Pescados Rubén Burela agárrase á Liga con todas as súas forzas, aínda que Ale De Paz non puidera evitar que Mayte Mateo adiantara o Roldán e puxera en perigo a súa presenza na final.

Aí estará grazas a unha nova exhibición de Peque, decisiva na remonta. Primeiro, ao marcar o tanto da igualada; logo, dunha magnífica recuperación en campo contrario.

Nada máis volver do descanso, a propia Peque asiste a Emily Marcondes, que resolve cun magnífico toque de clase para colocar o dous a un no marcador e devolverlles ás burelás a vantaxe na eliminatoria.

A dez minutos do final, Peque ampliou as diferenzas anotando o tres a un nunha rápida transición do conxunto laranxa.

O Roldán arriscou pasando xogar con cinco en ataque. Froito desa superioridade chegou o segundo tanto de Mayte Mateo co que lle poñía emoción o encontro.

As murcianas aínda dispuxeron dunha boa oportunidade de forzar a prórroga pero Jozi rexeitou un disparo que se acabou estrelando no traveseiro e confirmaba a presenza do Burela na terceira final consecutiva en que se vai enfrontar o líder da Liga Regular o Atlético Navalcarnero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade