O Breogán volve a Granada na busca da felicidade
Os de Mrsic ascenderon hai tres anos en Granada
Salva Arco xogou alí o seu último partido
Un dos protagonistas daquel ascenso é o actual director da Fundación, Salva Arco, que disputou alí o seu último partido coma profesional, do que garda unha grata lembranza.
"Polo ascenso, por como se produciu, por unha temporada moi difícil, polo que significou e porque non podía rematar a miña carreira deportiva de mellor xeito".
Para o catalán, este encontro garda semellanzas co de hai tres anos. E como todas as finais, Salva Arco apunta as chaves para afrontala
"Hai que tentar evadirse de todo o que non sexa baloncesto, centrarse no partido, tentar ser positivos, ver todo o bo que fixeron nos últimos encontros para tentar repetilo e, sobre todo, confiar neles".
Precisamente, confianza e apoio é o que lle presta a Fundación Breogán os máis necesitados. Unha mensaxe que pode trasladarse o propio equipo.
"A vida vai moito máis aló do baloncesto de gañar ou perder un partido. Na vida os partidos máis importantes de gañar non son os que se xogan na pista, senón fora dela".
O de Granada para o ex-xogador, vai ter importancia nos dous terreos.
"Será un partido longo, que non se día por vencidos ata o final., que sigan loitando porque estou seguro que o final a moeda sairá de cara".
O Breogán, como tamén dicía a canción, volve a Granada na busca da felicidade.