Cargando resultados...
O Breogán vence o Bilbao nun amigable en Lugo
Os lugueses non lle dan opción ao seu rival e gañan por 80 a 60 no Pazo
O Breogán, invicto esta pretemporada, leva o Trofeo Xacobeo
O Breogán levou o Trofeo Xacobeo. Foto: @CBBreogan
G24.gal
10/09/2022 20:00
O Breogán impúxose ao Bilbao Basket no Pazo para sumar a terceira vitoria esta pretemporada, na que aínda non perdeu. Os lugueses venceron por 80 a 60 para levar o Trofeo Xacobeo.
Os de Veljko Mrsic tiveron o partido controlado en todo momento e aproveitaron para a posta a punto das novas incorporacións. García e Happ foron os xogadores do cadro galego mellor valorados. Aínda que o máximo anotador foi Stefan Momirov. Polo cadro vasco lideraron o equipo de Ponsarnau Whithey e Alonso, con 13 puntos cada un.