Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán remonta contra o Manresa (91-78) para sumar a segunda vitoria consecutiva

O Breogán remonta contra o Manresa (91-78) para sumar a segunda vitoria consecutiva

Os de Casimiro chegaron a ir perdendo por 14 puntos, pero refixéronse con enorme autoriadade

A sentenza do partido chegou no último cuarto, para segurar a sécima vitoria do curso

Foto: EFE
G24.gal 28/03/2026 20:08

O Breogán aguantou os peores momentos contra o Baxi Manresa no segundo cuarto, e cunha gran reacción mantívose no partido para sentenciar no último cuarto e sumar a décima vitoria da temporada, segunda consecutiva

O partido comezou con vantaxes dos cataláns, que aproveitaban un parcial de 0-8 para coller a iniciativa do primeiro cuarto. Ata doce puntos de renda foi a máis alta, mentres os de Luis Casimiro se mantiñan no encontro con esforzo.

A situación prolongouse no inicio do segundo cuarto, cunha vantaxe de 14 puntos do Manresa que o Breogán recortou cun bo parcial de 11-1. O partido ía de parciais e, a unha nova fuxida visitante (30-41) , respondeu o Breogán cun 9-2 final para deixar o encontro igualado no descanso (39-43)

No terceiro cuarto seguiu a igualdade, e o Breogán conseguía colocarse por diante cunha canastra de Mavra a falta de menos de dous minutos, ao que seguiu unha alternacia de canastras ata o final. O último período comezaba cun parcial de 6-0 para o Breogán que lle daba vantaxe no treito decisivo. Máxima vantaxe local para encarar o último cuarto, baseado en Francis Alonso, Sakho, Aranitovic e Mavra, que xa sobrepasaban os dez puntos.

Un 10-1 de parcial lugués obrigaba ao tempo morto, e unha tripla de Kurucs lanzaba aos locais 9 arriba, parando outra vez o choque,e a barreira dos dez puntos caeu pouco despois con estrépito. Unha tripla de Andric deixaba un 80-66 case definitivo, que converteu os últimos minutos nunha festa no pazo, con Andric destapado dende a liña de tres, collendo a etiqueta de máximo anotador do equipo con 15 puntos. Ao final, 91-78.

Vitoria importante diante dun rival directo, ao que os lugueses superan tamén no basketaverage.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade