Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro cae contra Unionistas (3-1) e afúndese no penúltimo posto

O Arenteiro cae contra Unionistas (3-1) e afúndese no penúltimo posto

Os charros non lles deron opción aos galegos, malia a que Bastida foi quen de recortar diferenzas no treito final

No tempo engadido chegou a sentenza por medio de Chibozo

O Arenteiro queda momentaneamente a nove puntos da salvación

Foto: @CD_Arenteiro Foto: @CD_Arenteiro
G24.gal 28/03/2026 21:23

O Arenteiro segue a complicar a súa situación nunha temporada en que parece que nada lle sae ben. No Reina Sofía foi superado por Unionistas, que fuxe do descenso e deixa aos ourensáns nunha situación límite, a nove puntos da salvación e con cada vez menos marxe de manobra.

O partido comezou a decantarse axiña, co gol de Artola cando so ían sete minutos. O Arenteiro non foi quen de responder con perigo, e marchou aos vestiarios co castigo dobrado por culpa do segundo tanto, anotado por Aarón no minuto 43.

Na segunda parte non mudou excesivamente a decoración, con Unionistas gozando dalgunhas ocasións, pero foi o Arenteiro o que golpeou. Bastida establecía o 2-1 no 76, deixando con opcións de remonta aos de Juanfran. Pero o gol que faltaba foi o da sentenza. Chegou no tempo engadido, obra de Chibozo no 94, para deixar aos galegos nunha situación límite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade