O Breogán recibe ao Manresa á busca de achagarse á permanencia (18h)
Comeza no Pazo o sprint final da Liga ACB
Cando o novo e espectacular videomarcador suba ao teito do Pazo, comezará a decisiva andaina do Río Breogán na procura da permanencia. Polo recinto lucense pasarán hoxe o Manresa e despois Andorra, Lleida, Xirona e Zaragoza. Todas son finais. E Casimiro reivindica o seu equipo logo de rechar unha mala serie en Gran Canaria.
Manresa tan as mesmas vitorias que o Breogán, 9. Só tres delas chegaron lonxe do Nou Congost.
Na primeira volta, o Río Breogán pagara un nefasto segundo cuarto cunha derrota que contra o final reduciu a cinco puntos de diferenza. O basquet average pode ser outro dos aspectos en litixio. Daquela, Luis Casimiro rematara expulsado. Oxalá esta tarde, as novas pantallas amosen un mellor final.