Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo quere seguir coa serie no Molinón (21h, TVG e AGalega.gal)

O Deportivo quere seguir coa serie no Molinón (21h, TVG e AGalega.gal)

O mellor visitante da categoría está a rendibilizar ao máximo os goles no treito final

G24.gal 28/03/2026 14:09

Agora que a Orquesta Mondragón está a celebrar o seu cincuenta aniversario, o Deportivo decidiu renderlle homenaxe cunha particular versión do Viaje con Nosotros. Os coruñeses buscarán no Molinón a súa décima vitoria a domicilio e confirmarse como o mellor visitante da categoría.

Enfronte terá un Sporting poderoso coma local con 29 puntos na casa onde só sufriu tres derrotas e que busca engancharse a zona de promoción.

Lembrar que no encontro da primeira volta o Deportivo venceu por un a cero cun gol de Barcia nos últimos segundos co que abría a temporada de suspense en Riazor.

Os de Hidalgo están amosarse temibles no treito final, con once goles nos últimos cinco minutos con valor de doce puntos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade