Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán proclámase campión da Copa Galicia diante do Leyma Coruña (104-94)

O Breogán proclámase campión da Copa Galicia diante do Leyma Coruña (104-94)

O Leyma Coruña remontou unha gran desvantaxe e enviou a final á prórroga

No tempo extra, os lugueses foron mellores e acadaron a súa 16ª Copa

G24.gal 06/09/2025 22:30

O Río Breogán proclamouse na Coruña campión da Copa Galicia. O único representante galego na ACB suma con esta 16 copas, aínda que tivo que sufrir, e moito, para vencer na final a un Leyma Coruña que rozou a fazaña despois de ir case todo o partido por detrás.

O Breogán comezou mellor, e unha tripla de Dibba abría o camiño das primeiras vantaxes luguesas na final. Pero o Leyma Coruña non se descompuxo. Por detrás no marcador, mantíñase no encontro, ata que conseguiu a primeira vantaxe cun 2+1 mediado o segundo cuarto. Guiados por Dibba e Alonso na anotación, os lugueses volveronse distanciar no marcador. Ao descanso, a diferenza era superior aos tres puntos. 43 a 32.

A renda do Breogán seguiu medrando, e achegouse perigosamente aos vinte puntos xa no último cuarto. Pero o Leyma volveu rexurdir, protagonizando unha remonta que o deixou a tiro no último minuto. Aí apareceu Jou para mandar o partido á prórroga cunha tripla espectacular.

No tempo suplementario volveu entrar mellor o Breogán, que foi gozando de vantaxes, manténdose os coruñeses a base de triplas. No último minuto, un rebote ofensivo de Quintela fixo esmorecer as opcións do Leyma Coruña. Desde o tiro libre o Breogán pechou o partido para impoñerse por un resultado final de 104 a 94, para alzar a súa 16ª Copa Galicia.

No apartado individual, Dibba foi o xogador máis valioso, acabando con 17 puntos. Brankovic achegou 16, Alonso 15 e Dewayne 14. Tamén anotou 10 Cook. No equipo coruñés ata 6 xogadores anotaron dobres díxitos, con Mencia, Jorgensen, Jou e Brnovic con cadanseus 12 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar