O Breogán, pendente de Sakho e Mavra
Os dous teñen poucas opcións de xogar ante o Granada
O adestrador del Río Breogán, Luis Casimiro, está pendente da evolución do pivote congoleño Jordan Sakho e do base croata Dominik Mavra.
O xogador africano lesionouse nos primeiros minutos do último partido contra o Real Madrid e, de momento, non puido traballar cos seus compañeiros, mentres que Mavra arrastra molestias nun xeonllo desde ese partido, aínda que xa se reincorporou ao grupo.
“Mavra foi de menos a máis. Empezou sen adestrar e xa completou dúas sesións de adestramento, pero segue con molestias. Sakho, pola súa banda, aínda non adestrou, eu creo que a súa participación vai ser moi dubidosa ata última hora. Agora mesmo, diría que non vai estar en Granada”, afirmou o técnico breoganista.
Ademais, Casimiro avanzou que o base estadounidense Charly Moore, que se recupera da grave lesión de xeonllo sufrido a mediados de decembro, segue dando pasos na súa evolución pero aínda non está “ao cento por cento”.