Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán pelexa sen Musa e Bell-Haynes pero acaba caendo

O Breogán pelexa sen Musa e Bell-Haynes pero acaba caendo

Mahalbašić tivo a derradeira tripla para forzar a prórroga

Ante o acerto de Zaragoza no último cuarto, o rebote ofensivo suxeitou aos lucenses

G24.gal 23/04/2022 22:36

O Breogán vendeu moi cara a súa pel nun partido marcado polas importantes baixas de dous dos seus mellores xogadores, Bell-Haynes e Musa. Malia iso, os xogadores lucenses tiraron de coraxe nun partido de pouco acerto e moito rebote ofensivo. Na última xogada Mahalbašić tivo a tripla decisiva para gañar, pero errou e o Zaragoza sumou a súa terceira vitoria consecutiva que os achega á permanencia (82-87).

Así recibiu o Pazo a Dzanan Musa

Os dous primeiros cuartos resúmense en pouca anotación e moitísima igualdade. Cun parcial de 14-15 gañou Zaragoza o primeiro, mentres que o Breo levou o segundo 22-20. Os Kalinoski, Quintela e compañía daban un paso adiante ante as baixas e os de Mrsic marchaban cun punto de vantaxe ao descanso.

Un calco do segundo foi o terceiro cuarto, pero neste caso caeu do lado visitante. 20-22 foi o parcial e o partido que semellaba condenado a decidirse no último cuarto. Aí chegou o acerto do Zaragoza, sobre todo na figura de Kilpatrick (23 puntos, máximo anotador) e dende a liña de tres.

Cando os visitantes gozaban da maior vantaxe do partido, dúas triplas consecutivas de Kalinoski e Quintela deron azos ao Breogán, pero Mahalbašić non foi quen de transformar a tripla decisiva e acabaron perdendo o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade