Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán, obrigado a gañar os dous vindeiros partidos para seguir en Europa

O Breogán, obrigado a gañar os dous vindeiros partidos para seguir en Europa

Caeu diante do Karsiyaka no primeiro encontro da eliminatoria por 89-85

G24.gal 03/01/2024 20:34

O Breogán ten que gañar os dous vindeiros partidos diante do Karsiyaka para seguir na BCL. Perdeu por 89-85 no primeiro dos encontros da eliminatoria, ao mellor de tres partidos.

O partido comezou igualado, cunha boa achega de McLemore, última fichaxe do conxunto breoganista. 24-20 ao final dun primeiro cuarto no que os galegos chegaron a estar catro arriba (14-18). 

No segundo apareceu o acerto dos turcos no lanzamento exterior (9/17 nas triplas) para marcar as primeiras diferenzas importantes (52-39). Recuperou o Breogán no terceiro cuarto no que anotaron catro triplas case seguidas. O partido apertouse (60-55) pero un parcial de 10-0 volveu a darlle unha vantaxe cómoda aos locais. 

Nese tira puxa o Breo achegouse a seis puntos e con posesión (73-67) ao comezo do último cuarto. Pero o Karsiyaka volveu marchar e xa sería o pulo definitivo (78-67). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade