Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán negocia a incorporación do francés Ismael Kamagate

O Breogán negocia a incorporación do francés Ismael Kamagate

Chegaría cedido ata final de temporada polo Olimpia Milano

G24.gal 09/01/2024 17:25 Última actualización 09/01/2024 17:27

O Río Breogán negocia co Olimpia Milano a cesión ata final de tempada do pivote francés Ismael Kamagate, quen chegaría ao equipo dirixido por Veljko Mrsic para suplir a baixa do lesionado Mouhamet Diouf.

Os clubs xa alcanzaron un principio de acordo para que o xogador, elixido como número 46 do draft da NBA de 2022 polos Detroit Pistons, xogue en Lugo o que resta de tempada, polo que a operación só depende de que o Breogán peche as condicións co interior francés.

Kamagate, de 211 centímetros e 22 anos, disputou 11 partidos na Lega italiana coa camiseta do Milán, co que promediou 6,3 puntos e 2,7 rebotes en apenas 12 minutos de xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar