Cargando resultados...
O Breogán inicia un calendario terrible pero liberado da esixencia europea
Mrsic considera que o equipo ten marxe de mellora
G24.gal
25/01/2024 15:29
Marcha o Río Breogán cara Manresa. O equipo lucense ten que afrontar dúas saídas consecutivas: Manresa e Zaragoza. No medio destes partidos, Ben McLemore irá aos Estados Unidos porque acaba de perder unha irmá e ten permiso do club para estar no funeral.
Despois o Real Madrid será o que xogue en Lugo, toca visita ao Joventut, recibir o Unicaja Málaga en Lugo e visita ao Barcelona. Un calendario esixente que non asusta a Mrsic. O adestrador croata cre que o seu equipo ten marxe de mellora.
"O equipo pode e debe xogar ainda mellor"
"É unha vantaxe non ter as duras viaxes de Europa"