O Breogán incorpora o pivote serbio de 2,06 e 27 anos Nikola Jankovic
Xogou en Eslovenia, Turquía e na Liga Endesa co Movistar Estudantes

O Río Breogán incorpora ao pivote de 2,06 e 27 anos Nikola Jankovic.
Formado nas categorías inferiores do seu país (FMP Zeleznik) iniciou a súa carreira profesional en Bélxica, onde progresou de forma destacada acabando con medias de 18 puntos e 6 rebotes na tempada 2014/15 co VOO Verviers- Pepinster.
Xogou en Eslovenia, Turquía e na Liga Endesa co Movistar Estudantes (2018/19), equipo co que promediou 8,5 puntos e 4,2 rebotes en 13 partidos. As últimas catro campañas desenvolveunas entre o Partizan e o Mega Soccerbet.
Xogador intenso que destaca pola súa capacidade no rebote e no bloqueo, con bo físico para correr o campo.
O club está a traballar para que o xogador pode incorporarse canto antes á disciplina do equipo.
Nikola Janković novo xogador do Río Breogán. BENVIDO!https://t.co/O0NktXAoQ1 pic.twitter.com/5UNIbNnbuJ
— Río Breogán (@CBBreogan) December 28, 2021