Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán gaña a Copa Galicia cunha tripla dous segundos antes do final

O Breogán gaña a Copa Galicia cunha tripla dous segundos antes do final

Despois dun partido moi igualado, decidiu o acerto de Scott Bamforth (79-82)

G24.gal 17/09/2022 21:09

O Breogán gañou a súa 14ª Copa Galicia de baloncesto ao impoñerse na final ao Obradoiro grazas a unha tripla de Scott Bamforth a dous segundos do final (79-82).

Fo inun partido de máxima igualdade, con constantes alternativas. A igualdade presidiu o primeiro cuarto co Obradoiro mandando con pequenas vantaxes (23-20). No segundo o Breogán colleu a remuda (32-34) pero os santiagueses acabaron cun gran acerto e collendo unha máxima vantaxe de cinco puntos xusto ao final (48-43).

Parecía consolidar esa diferenza o equipo de Moncho Fernández no treito final do terceiro cuarto (68-61) pero no último cuarto reaccionou o Breogán da man de Sergi Quintela. O partido decidiuse nun duelo de triplas no que saiu vitorioso o cadro lucense grazas ao acerto de Bamforth. 

No Obradoiro destacaron Westermann (17 puntos) e Rubén Guerrero (11 puntos e 11 rebotes). No Breogán os máis atinados foron Happ (18 puntos) e o decisivo Bamforth, con 14. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade