Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán fai historia e clasifícase para a Copa do Rei de Granada

O Breogán fai historia e clasifícase para a Copa do Rei de Granada

O triunfo do Valencia 91-62 contra Gran Canaria confirmou matematicamente a súa participación
G24.gal 29/01/2022 11:50

E onte, sen necesidade de xogar, confirmouse a mellor das novas para o Rio Breogán. O equipo lucense xogará a Copa do Rei.

A clasificación estaba virtualmente asegurada desde hai mais dunha semana e só podían evitalo dous triunfos por malleira do Gran Canaria que non chegaron. Todo o contrario. O Valencia deu boa conta do equipo insular ao que derrotou por 29 puntos de diferenza.

A Fonteta celebrou a clasificación do seu equipo para a Copa e a ACB non tardou en recoñecer a xesta do Breogán, lembrando o mérito engadido de ser un acabado de ascender. O Breogán, na súa conta de twitter, tamén festexou este éxito histórico, lembrándose do público e patrocinadores.

Os lucenses deberán recuperarse agora da COVID e o próximo mes afrontarán ese reto co obxectivo de competir ao máximo nivel.

"Queremos ir a competir, non a vela, ninguén nos regalou nada", comentou Tito Díaz
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade