O Breogán engraxa a maquinaria cunha malleira ao Porto
O seu rival só deu conseguido dez puntos na primeira metade
O resultado fala ás claras: 70-43
Amigable benéfico disputou o Breogán no Pavillón dos Deportes de Lugo ante o Porto. O equipo de Mrsic aproveitou para engraxar a maquinaria, a quince días de comezar o trafego na competición europea.
A proba foi positiva, sobre todo no aspecto defensivo durante a primeira metade. Deixou o seu rival nuns paupérrimos dez puntos (32-10). O segundo tempo xogouse con algo máis de soltura ofensiva e co Breogán manexando diferenzas superiores aos vinte puntos. Ao final o resultado foi de 70-43.
Volveu destacar Scott Bamforth na dirección e anotación demostrando que vai ser un xogador fundamental no cadro breoganista. O mesmo que Happ. O pivote fixo bos minutos achegando puntos e consistencia debaixo dos taboleiros. Tamén Kasibabu, moi dinámico no xogo, ou Nakic demostraron boas maneiras entre as fichaxes.