O Breogán dilapida nos últimos cinco minutos o gran traballo feito en Valencia (88-80)
Foi por diante ata o minuto 35, cando gañaba por 71-79
O Valencia deulle a volta ao encontro cun parcial de 13-0
O Breogán fixo 35 minutos excelentes e os últimos 5 moi deficientes. O treito final estragou un gran traballo co que ben puido gañar na pista do Valencia Básket, unha das máis complicadas de toda a ACB.
Comezaron forte os locais (8-2) pero cedo equilibrou o partido o Breogán que rematou o primeiro cuarto co marcador igualado (24-24). Da man dun Polite moi acertado (3/4 nas triplas) o equipo de Lugo marchou de dez puntos (26-36) e xa non cedería o mando do partido ata o intre final.
Ao descanso foise con +5 (42-47) e no terceiro e último cuarto chegou a ter vantaxes de ata dez puntos. Moi bo traballo colectivo de todo o equipo que entraba nos últimos cinco minutos cunha diferenza de oito puntos (71-79) e a sensación de seren superiores.
Ata aí chegou a inspiración. O Valencia encadeou un parcial de 13-0 que os puxo en vantaxe (84-79) e o partido acabou quedando na casa.