O Breogán da a cara contra o Real Madrid pero acaba caendo nun mal final (85-103)
Os lugueses foron por diante no segundo cuarto, pero un parcial de 8-24 resolveu o choque no último
O Breogán pecha a primeira volta cun balance de 7-10
Na liga ACB, o Río Breogán fixo sufrir ao Real Madrid durante moitos minutos e obrigou aos de Scariolo a tirar do seu mellor baloncesto para gañar en Lugo.
Os 18 puntos de vantaxe dos madridistas non indican o que foi o partido no que o Breogán se sobrepuxo a un mal inicio e chegou a dominar por 8 no segundo cuarto.
Dominik Mavra foi o mellor dos galegos con 17 pontos pero o mellor do partido foi outro croata. Mario Hezonja foise ata os 28 puntos a apareceu sobre todo cando o Breogán estaba a só dous ao inicio do útimo cuarto logo dunha tripla de Francis Alonso. Da súa man, chegou un parcial definitivo para o Real Madrid, que puido asegurar a súa vitoria numero 15 en 17 partidos. O Breogán pecha a primeira volta con 7 triunfos.