Cargando resultados...
O Breogán coñece o camiño a percorrer para xogar en Europa
Enfrontarase en cuartos de final ao Meridian de Serbia
G24.gal
07/07/2022 15:12
O Rio Breogán coñeceu o seu itinerario en Europa. Para empezar, unha eliminatoria de cuartos de final co FMP Meridian serbio. Se supera este partido, nas semifinais atoparase co Opava da República Checa. E aínda lle quedaría gañar a final para meterse na liga regular da Basket Champions League. Os partidos serán a finais de setembro.