Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán cae en Granada (91-82) diante dun rival moito máis necesitado

O Breogán cae en Granada (91-82) diante dun rival moito máis necesitado

Os lugueses manteñen opcións de clasificarse para as competicións europeas nas últimas dúas xornadas

Foto: EFE
G24.gal 17/05/2025 21:42

O Breogán non puido igualar a ambición dos locais, aferrados ás súas opcións matemáticas de permanencia. Os de Pablo Pin sairon mellor e fixeron un moi bo primeiro cuarto, do que intentou refacerse o equipo galego ata empatar no segundo a 37, pero nunca deu enlazado accións para adiantarse.

No último tempo chegou ir perdendo de 19, e o único rescatable foi a reacción final ,que non foi suficiente e acabaron 9 abaixo, 91 a 82. 9 triplas anotadas de 32 intentos explican parte do resultado. Tamén a ausencia do congoleño Sakho. E que Mavra xogou 21 minutos malia levar case toda a semana parado con molestias.

Pero para Casimiro a chave foi a defensa e as dificultades para motivar ao equipo.

O local Elias Valtonen (11) foi o mais destacado con 21 pntos No Breogán Kurucs(47) e Touré (21) con cadanseus 14 puntos sumados. e Nakic (99) que gañou 8 rebotes.

Os lugueses xogarán polas súas opcións europeas nas dúas últimas xornadas ante o Gran Canaria e o Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade