Estrea de Aubameyang co Deportivo sen goles en Oviedo (0-0)
Segunda cita de pretemporada para os coruñeses, despois da estrea en Santiago (0-4)
O Deportivo presentou no Tartiere unha nova versión do Dúo Dinámico. Nsongo-Aubameyang. A presenza do mediático dianteiro foi o principal reclamo dos coruñeses na segunda proba da pretemporada na que elevou o nivel de dificultade ante un rival recén descendido.
A estrea resultou esperanzadora. Malia os dezaseis anos de diferencia entrambos e a ser a primeira vez que xogan xuntos, os dous atacantes entendéronse e complementáronse para crear as principais ocasións do seu equipo, tres nos primeiros dezasete minutos.
E no que sufriron a lesión de Altimira no vintecinco nunha loita con Samu e Ilyas, que curiosamente, tamén abandonaría o campo doce despois logo dunha mala caída nunha acción con Amatucci que formou no medio centro con Soriano.
Un só disparo realizaron os asturianos neste primeiro tempo no que os coruñeses foron superiores e puideron marchar con vantaxe o descanso, pero a insistencia de Aubameyang non obtivo premio.
Na segunda metade o Deportivo atopou máis dificultades para progresar co balón e que o xogo fose máis fluido. A presión do Oviedo fíxolle recuperar preto da portería de Germán Parreño que viu como Mingo estrelou un disparo no traveseiro. E a continuación Aldasoro tentou sorprendelo cun lanzamento desde fóra da área. A que contestou o defensa Samu incorporado o ataque no único disparo deportivista entre os tres paus. O ex do Arenteiro Mingo, dispuxo dunha última ocasión para romper a igualada, pero o marcador xa non se moveu.
Segundo empate a cero dos locais nunha preparación na que o Deportivo segue invicto e imbatido.