O Breogán asalta Bilbao, pero segue en postos de descenso (68-76)

Os lucenses chegaron a perder de 13 puntos no primeiro cuarto

Anderson foi o máximo anotador do conxunto galego, con 15 puntos

Axencia EFE
G24.gal 09/12/2023 20:13

O Breogán foi quen de cambiar a súa mala serie vencendo a domicilio ao Bilbao Basket por 68-76. Os 'homes de negro' non foron quen de vencer os lucenses, que non gañaban fóra da casa dende o 29 de setembro.

O primeiro cuarto invitou a pensar na mesma historia de sempre, os locais acadaron unha vantaxe de 13 puntos e semellaba que encamiñarían rápido o partido. Pero non foi así, xa que pese a comezar o segundo cuarto nove puntos abaixo, os galegos deron a cara e marcharon cara aos vestiarios a tan só tres puntos. Na segunda metade foi a igualdade a que marcou o terceiro período, que rematou con 4 puntos de vantaxe para o equipo local. Foi entón cando chegou o momento do partido, o Breogán acadou un parcial de 11-0 para situarse por diante no electrónico. 

Anderson foi o líder anotador do equipo, con 15 puntos, aínda que non saca o Breogán dos postos de descenso, que queda igualado a oito puntos con Zaragoza, Granada e Andorra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade