O Breogán aperta a zona de descenso cunha vitoria das que soben a moral
Iguala a seis vitorias con Granada e Obradoiro e colócase a unha soa do Xirona
Despois dun primeiro tempo igualado, o Breogán sentenciou na segunda metade (93-75)
O Breogán céntrase na Liga ACB unha vez rematado o periplo europeo e cunha misión moi clara. Evitar o descenso. O primeiro encontro non puido saír mellor. Vitoria clara e contundente diante do Xirona coa que aperta a zona de descenso. Iguala co Granada e co Obradoiro con seis triunfos e sitúase a unha vitoria do seu rival.
Houbo dúbidas no primeiro cuarto. O Xirona acadou un parcial de 0-8 (10-16) que puxo o medo no corpo dos seareiros. Jogela, con 7 puntos case seguidos, igualou a cousa no segundo cuarto (24-24) e non foi ata a última xogada do primeiro tempo cunha tripla de McLemore que o Breogán non conseguiu poñerse por diante (39-36).
O parcial incrementou no inicio do segundo tempo. Cun 8-0 a diferenza foise por riba dos dez puntos (47-36) e o Breogán xa non soltaría o dominio do partido. Momirov estivo demoledor (10 puntos no período) e os locais facían gozar á afección (67-52 ao remate do cuarto).
No último a diferenza foise ata os vinte puntos. Comezou a pensarse máis no basket average que no propio partido porque a partir de agora hai que mirar todos os detalles. Ao final a vitoria foi por xx puntos, un empurrón para a moral do breoganismo (93-75).