Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán confirma a incorporación do escolta Scott Bamforth

O Breogán confirma a incorporación do escolta Scott Bamforth

Ten catro anos de experiencia na Liga ACB e nas últimas temporadas militou en equipos franceses

G24.gal 31/07/2022 19:18 Última actualización 02/08/2022 17:48

O Breogán anunciou un acordo co escolta Scott Bamforth. O kosovar, de 32 anos e 1,88, volve así á Liga ACB na que disputou catro temporadas entre Sevilla, Murcia e Bilbao, cunha media de 11,5 puntos.

Chegou a España no 2013 e o seu rendemento foi medrando conforme pasaron as temporadas. Un xogador con unha boa man no tiro exterior (porcentaxes arredor do 40 %) que no seu último ano en Bilbao se foi ata os 14,5 puntos de media sendo a gran referencia exterior do equipo. 

Logo marchou a Italia onde tamén demostrou a súa condición de canoneiro. En Sassari fixo 19 puntos por partido na 18-19. Probou no Buducnost e as últimas dúas temporadas disputou a Liga francesa co Le Mans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar