Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán xa coñece todos os rivais que entrarán no sorteo da Copa

O Breogán xa coñece todos os rivais que entrarán no sorteo da Copa

G24.gal 30/01/2022 22:30

Co partido Lenovo Tenerife-Valencia (78-80) quedou definida a Copa de 2022 de Granada na que participará o Río Breogán. A cita será histórica para os lucenses, recentemente ascendidos e que acabaron na sétima posición a primeira volta do campionato. 

Logo de moitos adiamentos esa primeira volta quedou definida na xornada do domingo. O Valencia xogábase a opción de ser cabeza de serie. Gañou e acadouno. Lenovo Tenerife podía perder, pero de facelo por máis de oito puntos tamén quedaría afastado da Copa. Foi unha derrota agridoce porque o obxectivo de entrar nos oitos primeiros postos quedou acadado. 

Así quedan os potes para o sorteo do luns:

Cabezas de serie: Real Madrid, Barcelona, Valencia, Joventut

Pote 2: UCAM Murcia, Manresa, Breogán, Tenerife

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade