Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG propón unha fronte común ante o veto "arbitrario" ao arrastre

O BNG propón unha fronte común ante o veto "arbitrario" ao arrastre

O PSdeG e o PPdeG tamén pide unidade para poder reverter a decisión de Bruxelas

G24.gal 19/09/2022 15:06

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandou este luns en Vigo a formación dunha “fronte común” contra a decisión que considera “arbitraria” da Comisión Europea de vetar a pesca de arrastre en 87 zonas da plataforma continental mariña.

Esa fronte común, entende o Bloque, debe estar encabezado polo Goberno de España, pero a el deben adherirse todas as institucións e todos os partidos políticos, así como representantes do sector, co obxectivo de evitar que a decisión do Executivo europeo entre en vigor dentro de 20 días.

“Estamos ante un debate onde fai falta presión política para que ese decreto non entre en vigor porque vai en contra dos intereses da pesca galega, da creación de emprego e da xeración de riqueza”, dixo Pontón tras reunirse con representantes da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI).

“Todos os gobernos deben meter presión porque este é un acto unilateral da Comisión Europea que é unha mazada para o sector pesqueiro e, como toda norma regulamentaria, podemos pedir que quede sen efecto”, engadiu.

Tamén houbo reacción hoxe desde o Parlamento O portavoz do grupo socialista, Luís Álvarez, pide á Xunta que se sume á presión que exerce ó Estado ante a UE para poder reverter situación que afecta a centos de buques galegos.

Pola súa parte, o voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy, anima a Xunta a seguir adiante co recurso e reclama a unidade das forzas políticas galegas en defensa do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade